Poñemos en público, por fin, o proxecto de amosar o noso centro escolar explicado polos nenos e nenas de 5º de primaria do CEP Plurilingüe Santa Tegra, onde os Tigres e Gallifantes lles chamamos a este proxecto “escolaRV” facendo caso a un mestre do centro que prefire RV por Realidade Virtual e non VR quizais algo máis coñecido pero tamén máis “importado” 😉
O proxecto consiste en crear as esferas en Realidade Virtual e un “tour” polos diferentes espazos do noso centro que ben poden ser unha explicación ao que podemos amosar á xente que quere achegarse ao noso centro e, por suposto, explicado por eles e por elas, o alumnado que aquí vive dende hai uns anos. Inclusive o logotipo do proxecto.
Non é só a creación das esferas senón todo un proceso anterior de:
Deseño, procura de información, creación e corrección de guión e traballo ante a cámara
Para visitar as diferentes áreas do centro, só tedes que pulsar sobre os diferentes puntos de información e abrirase unha ventá de Realidade Virtual que podedes visitar dende un ordenador, unha tablet (coa que podedes movervos simplemente xirando o dispositivo se inclúe un xiroscopio) e cun móbil con gafas VR para conseguir unha experiencia máis inmersiva.
A segunda opción e deixarse levar polo “tour” e navegar polas diferentes zonas pulsando, dentro da esfera correspondente, á icona que nos levará a outra zona, e de aí a outra diferente, etc. ata así completar a nosa viaxe polo CEP Plurilingüe Santa Tegra de Vigo.
Tamén podedes ir directamente as diferentes seccións visitando á zona en concreto que tedes no menú de navegación da zona superior do noso blog.
Comeza a viaxe
Responder